Os Servizos Sociais atenderon case 4.000 persoas no primeiro semestre do ano e 354 veciños solicitaron as axudas ó alugueiro que tamén financia o Concello de Lugo
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron esta mañá as novas instalacións dos locais municipais para asociacións sociais sitas na rúa Monte Faro 2.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron esta mañá as novas instalacións do Centro Social logo de adaptar os locais situados na parte baixa da casa domótica da rúa Manuel Leiras Pulpeiro.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, a través do departamento de Animación Sociocultural, festexa hoxe o Día Mundial da Calceta.
Por segundo ano consecutivo, estase a celebrar en Lugo, igual que se fai noutras cidades, unha xuntanza aberta para todo o público que queira calcetar e ganchillar en compañía doutras persoas que comparten esta mesma afición.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promocion da Lingua, Carmen Basadre, asistiron ao concerto didáctico que levou a cabo a Banda Municipal de Música no Ceip Quiroga Ballesteros para os nenos de primaria.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, fixeron entrega esta mañá dos premios do IV Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que premia ás creación de mozos e mozas en dúas categorías diferentes, de 12 a 14 anos e de 15 a 18 anos.
A área de Animación Sociocultural dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana Gonzáles Abelleira, comunica o calendario de excursións de verán que organiza este ano ano o Concello dentro das actividades que se desenvolven na rede de Centros de Convivencia do Concello.
Son sete excursións, programadas dentro das actividades de Animación Sociocultural para este verán, que se realizarán nos meses de xullo e agosto.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana Gonzáles Abelleira, a través da área de animación sociocultural, súmase á celebración do Día Mundial da Calceta, que se celebra este venres, día 21 de xuño.
Con este motivo organiza, por segundo ano consecutivo, unha xuntanza aberta para todo o público que queira calcetar e ganchillar en compañía doutras persoas que comparten a mesma afición.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades de verán das actividades socioculturais coas que se busca dar máis facilidades para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Lugo.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, comunica que desde hoxe está aberto o prazo de solicitude das subvencións que concede o Concello para alugamento de vivendas.
O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o día 12 de xullo e poden presentarse no Rexistro da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA), na rúa Quiroga Ballesteros, ou no Rexistro Xeral do Concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 317
- 318
- 319
- 320
- 321
- 322
- 323
- 324
- 325
- …
- seguinte ›
- última »