
O próximo sábado 15 ás 18 horas, Miradas al Mundo, realizará un encontro no Centro Social de Fingoi para presentar todo o traballo que realizan
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou xunto con Maria Martínez Rodriguez, e Djerga Dua Samati, da organización Miradas al Mundo, presentaron o proxecto que desenvolveron en Guinea Bissau grazas ás subvencións que convoca o Concello de Lugo en materia de cooperación ao desenvolvemento no 2013.
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presidiron o acto de entrega dos premios Entre Mulleres co que o Concello de Lugo conmemora o Dia Internacional da Muller, e que se adicou a tres mulleres que son exemplo pola súa loita e por ser emprendedoras.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá o programa de actos previstos para a celebración do Día Internacional das Mulleres o próximo sábado 8 de marzo pero “haberá diferentes actos durante o mes de marzo porque pensamos que o dia da muller ten que ser todos e non só un día ao ano” segundo Abelleira.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recibiron esta mañá á Presidenta da Asociación Española de loita Contra o Cáncer (AECC), Isabel Oriol Díaz, e a Presidenta de Asociación en Lugo, Mª Concepción de Martín Varela.
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleirade Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, encabezaron esta mañá a concentración contra a violencia machista que convocou o Concello para condenar o asasinato da veciña de Lugo, María Luisa Jiménez Jiménez.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades que se están a desenvolver nos centros sociais con motivo do Entroido e que están dirixidas tanto para nenos e nenas como para persoas adultas.
O Concello de Lugo condena a violencia de xénero e lamenta o feito acontecido hoxe cunha veciña da cidade e ofrece as súas condolencias á familia da vítima segundo anunciou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, ademais de poñer á disposición da familia os medios municipais que precisen.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, informou dos asuntos tratados durante o Foro de Igualdade do Concello de Lugo celebrado esta mañá e no que están representadas todas os grupos políticos e as entidades sociais da cidade.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recibiron a un grupo de 24 alumnos de 4º da E.S.O. do IES Lucus Augusti que presentaron o traballo realizado en materia de comercio ético.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- 318
- 319
- 320
- 321
- …
- seguinte ›
- última »