
Habemus victor!!
O xurado do concurso de decoración e embelecemento de balcóns, ventás e fachadas do Arde Lvcvs ten xa o seu veredicto.

O Concello de Lugo comezará a abonar a partir de hoxe as axudas do Plan Reanima, coas que inxectará preto de 3 millóns de euros entre emprendedores, autónomos, pemes e familias, para facer fronte á crise económica derivada da COVID-19.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, realizou declaracións esta mañá nunha entrevista dunha emisora de radio en relación ao peche de estradas durante cinco días por un brote de COVID-19 con máis dun centenar de positivos na Mariña lucense, o cal “prioriza as eleccións autonómicas do próximo doce de

Hoxe deu comezo Comestibles, as merendas saudables da rapazada lucense ao carón do Miño.

A Concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, Olga López; Ana Gonzalez Abelleira, edil de Muller, Igualdade e Xuventude e o presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo (Choury), presentaron este venres na Sala de Usos Múlptiples do Concello de Lugo a 12º edición dos campamentos Lumi

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez informa das actividades gratuítas de sensibilización, organizadas polo Concello, baixo o +Xti, e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas. Celebraranse do 6 ao 31 de xullo, de 18:30 a 20:00 horas na Praza do Castiñeiro.

O comité de dirección do DUSI Muramiñae celebrou unha reunión esta semana, a primeira logo do período de confinamento, para abordar asuntos de actualidade e avaliar o estado das actuacións contempladas no proxecto.

O goberno de Lara Méndez, dende a concelleria de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, que dirixe Olga López pon a disposición das persoas maiores de Lugo a iniciativa “Activando o Corpo” en horario de 18.30 a 20.00 durante os meses de xullo e agosto.

A concelleira de Benestar Social, Olga López acompañou esta mañá aos 170 nenos e nenas que dende hoxe gozan da iniciativa Aulas Abertas, impulsada polo Goberno de Lara Méndez para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal que vai dirixida a nenos de 3 a 12, durante os meses de xullo e ag

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou que o MIHL acollerá actividades lúdicas para nenos e nenas durante os meses de verán.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- …
- seguinte ›
- última »