
Garantir a seguridade a quen lla garante á cidadanía, á Policía Local. Con este obxectivo, o Concello adquiriu 55 chalecos antibalas e antipunzantes para o corpo, así como 119 fundas individuais exteriores, por uns 33.000 euros.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros do Goberno municipal participaron este sábado na praza de Conde Fontao, diante da Estación de Tren, na concentración convocada pola plataforma Lugo, non perdas o tren, que baixo o lema Día da maleta, reclamou melloras na estación e nos servizos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou na celebración dos 50 anos da Caixa Rural Galega. No acto destacou “a importancia das Caixas e a súa faceta social. Ademais, Caixa Rural Galega foi fundamental na historia dos galegos, polo seu apego o territorio e as actividades do rural”.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, xunto á Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inauguraron este venres o Mercado de Nadal, que organiza o Goberno Provincial na Praza de San Marcos para promover artesanía e dinamizar o comercio, p

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a benvida ao IV Congreso #INLUGO organizado pola Deputación de Lugo, no que participaron máis 600 persoas. Lara Méndez destacou a importancia das redes sociais como a nova canle da comunicación. "O #INLUGO é un referente a nivel nacional.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregou este venres os diplomas aos 30 bombeiros de Lugo que realizaron un curso sobre rescates en altura ao longo da primavera.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu os actos para render tributo ás tradicionais tertulias do café Méndez Núñez. Os eventos comezaron co descubrimento dunha placa conmemorativa sobre estas tertulias na fachada do propio hotel.

Hoxe arrincou a primeira edición do espazo Coworking que o Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial habilitación no Centro de Empresas e Innovación.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este xoves no Salón de Plenos un encontro de participación infantil, organizado por UNICEF e en colaboración co Concello, para conmemorar o Día Internacional da Infancia.

A Ronda da Muralla será zona con limitación a 30 kilómetros por hora e prioridade ciclista no carril dereito.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- …
- seguinte ›
- última »