
O Salón de Comisións da Casa Consistorial acolleu este venres o fallo do concurso de fotografía do Arde Lucus, posto en marcha por González Almacén Fotográfico, coa colaboración do Concello. No certame, co que tamén colabora Olympus España , participaron máis de 150 fotografías.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este venres no Salón de Plenos, xunto á presidenta e un vogal do colectivo organizador, a Asociación Concepción Arenal, Paula Alvarellos e Víctor Fraga, a 31 edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses, que se celebrarán os días 26 e 27 de setembro no
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este mércores que Lugo é un dos primeiros concellos de toda España en arrancar a execución dos fondos europeos DUSI ao aprobar hoxe en Xunta de Goberno a licitación da elaboración de estudos de viabilidade e proxectos constructivos de 5 das actuacións in

A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, entregoulle este venres a bandeira dos Xogos do Eixo Atlántico a Ricardo Río, Presidente da Cámara Municipal de Braga, vindeira cidade sede desta competición deportiva, nun acto de continuación da cerimonia que tivo lugar o pasado día 9 de xullo no Vello Cárcere.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acudiu este venres, xunto con outras autoridades, á presentación do primeiro cuño que Correos dedica ao Camiño Primitivo, ruta xacobea que pasa polo municipio de Lugo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns aos xeógrafos Pablo Rodríguez e Eduardo Bustillo, que chegan a Lugo no seu recorrido polas 82 cidades da rede de smart city, dentro do proxecto Mi ciudad inteligente, co que se busca analizar e difundir as cidades intelixentes e a mobil

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este xoves, na Casa de Galicia en Madrid, un recoñecemento á súa traxectoria profesional e humana, e unha homenaxe tamén pola súa implicación con este centro galego na capital e con Galicia.

O Gabinete Municipal de Accesibilidade acordou, nunha xuntanza celebrada este xoves na Sala de Xuntas do Centro de Servizos Municipais, instar á Xunta de Galicia a ter en conta as condicións de accesibilidade no Camiño de Santiago.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este xoves, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, as xornadas Evolución do mercado lácteo na Unión Europea e Negociación Colectiva, organizada por Unión Leiteira Galega (ULEGA), en colaboración coa Deputación de Lugo e Sabadell.

A cidade de Lugo sumouse esta mañá aos actos de conmemoración do XX Aniversario do asasinato do Concelleiro de Ermua, Miguel Ángel Blanco, a mans da banda terrorista ETA. Con estes, o Concello únese aos que están celebrando distintas entidades por toda España.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- …
- seguinte ›
- última »