O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ó Ministro de Transportes de Italia, Alessandro Bianchi, e ó Conselleiro da Casa Real de Marrocos, André Azoulay.
Esta visita forma parte dunha viaxe que as autoridades están a realizar por Galicia acompañados polo Presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, Jaime Gil Aluja.
Alesandro Bianchi, que naceu en Roma, foi reitor da Universidade de Regio Calabria e incorporouse á Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España o pasado 18 de outubro no acto de inauguración do c