O Concello de Lugo dará un novo paso no camiño da peonalización, coa transformación da fisionamía dun dos viais do parque da Milagrosa en peonil.
Trátase do que une a avenida da Avenida da Coruña coa rotonda na que están situadas a bibioteca municipal e o centro social. Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Infraestrutuas, José Piñeiro.
Esta obra significará un novo paso na revitalización desta zona, que está a se converter no centro do ocio deportivo e cultural da cidade.