O conselleiro de Traballo apuntou que ao longo de 2006 realizáronse 37 accións experimentais nas que participaron 1.700 mulleres e nas que a Consellería investiu un total de 3,8 millóns de euros
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, afirmou hoxe que ten como obxectivo aumentar en 10 puntos a presenza das mulleres nas 25 ocupacións onde representen menos do 10%, o que supón a incorporación de 23.250 mulleres.