O Concello de Lugo ampliou até o domingo o prazo de participación no concurso de debuxo on line organizado con motivo da celebración do Día de Internet.
A través da dirección www.pintaconnos.com pódese participar nun concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades. Esta actividade foi programada pola Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, para conmemorar o Día de Internet.
Pódese acceder a este xogo dende a nova aplicación na web municipal.