O Concello de Lugo inicia o luns a campaña de achegamento aos cidadáns das novas tecnoloxías que leva por título “Conéctate en Lugo”.
Trátase dunha campaña masiva de formación ao cidadán, dirixida a todos os públicos pero máis orientada a maiores de 55 anos ou a mulleres que non traballen fóra do fogar.