O Concello de Lugo está a exportar o modelo dos almorzos saudables que puxo en marcha hai catro anos e que recentemente foi coñecido in situ pola propia Ministra de Sanidade, Elena Salgado. O Alcalde explicou que varias comunidades autónomas como Cataluña ou Asturias demandaron información ó Concello para poñer en marcha este mesmo modelo.
Actualidade
A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, comeza o louns unha nova edición das xornadas de “Transtornos da alimentación: anorexia e bulimia”, que se levan a cabo nos institutos da cidade. Serán un total de 700 alumnos os que participarán nesta nova edición, tamén a cuarta, procedentes de nove centros de ensino de Secundaria.
As reunións informativas estarán a cargo novamente de Ana Isabel Gutiérrez.
O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio do Sagrado Corazón.
Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela recibiu hoxe a un grupo de 50 estudantes do Instituto de Ensino Secundario A Paralaia, de Moaña, que están de visita na cidade dentro dun programa de fomento da lingua galega.
Durante a visita, a Concelleria falou da igualdade e da paridade existente no Concello de Lugo e felicitou a un grupo de mozas que teñen previsto estudar informática, “un mundo reservado aos homes pero que ten que cambiar”.
A escola infantil municipal situada na rúa Serra de Outes abre hoxe o prazo para realizar a reserva de praza para aqueles nenos que xa estean matriculados no centro.
O prazo para realizar esta reserva estará aberto até o día 15, cando se abrirá o tempo de solicitude de matrícula para novas incorporacións.
A Concellería de Educación, dirixida por María Dolores Vieiro, e a Asociación Sociopedagóxica Galega, porán en marcha a próxima semana unha nova edición do programa “Aprender para educar”.
Trátase dunha serie de conferencias formativas para pais e nais do Concello de Lugo.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 23 de marzo, o Servizo de Desratización actuará nas zonas de Fontiñas e San Roque.
Nestas dúas rúas actuarán durante todo o percorrido e tamén traballarán na ronda das Mercedes.
Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.
A máxima responsable do departamento educativo galego explicou que o novo Centro de Formación Profesional permitirá “redistribuír a oferta das familias profesionais de Lugo
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, visitou esta mañá, acompañada pola Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, os Institutos de Educación Secundaria (IES) A Piringalla e Ánxel Fole de Lugo, onde puido coñecer as obras realizadas pola Administración educativa nestes centros, cun investimento de máis de 1 millón de euros.
A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, pecha mañá, venres, unha nova edición das xornadas de “Transtornos da alimentación: anorexia e bulimia”, que se levan a cabo nos institutos da cidade. Un total de 700 alumnos están a participar nesta nova edición, a cuarta, procedentes de nove centros de ensino de Secundaria.
As reunións informativas estiveron a cargo novamente de Ana Isabel Gutiérrez.
O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio do Menéndez y Pelayo.
Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1871
- 1872
- 1873
- 1874
- 1875
- 1876
- 1877
- 1878
- 1879
- …
- seguinte ›
- última »