Actualidade

Ex., 01-06-2026
Ex., 01-06-2026
Luns, 12 de novembro de 2007

A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, presentou hoxe as actividades para o mes de febreiro promocionadas dende o Concello e dirixidas ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, e tamén ao público en xeral.

No mes de xaneiro comezou o programa “Hortas na escola”, dirixido aos estudantes de Educación Infantil dos CEIPs de Lugo, á Escola Infantil Fingoi nº2 e á Gardería Municipal Serra de Outes.

Luns, 12 de novembro de 2007

O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá o día 19, luns de Entroido, o tradicional Torneo de Xadrez, que se celebra por terceiro ano consecutivo organizado pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.

O torneo comezará ás dez e media da mañá e se prolongará até a unha e tamén de cinco a sete da tarde.

Luns, 12 de novembro de 2007

O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 23 de febreiro, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas do centro histórico:

Porta Santiago
Praza Pío XII
Rúa dos Cregos
Rúa Alférez Provisional
Praza Santa María
Alameda
Rúa Bon Xesús
Rúa Bispo Basulto
Rúa Catedral
Rúa da Cruz
Rúa Conde Pallares
Rúa Tenente Coronel Teijeiro
Rúa Quiroga Ballesteros
Rúa Bolaño Rivadeneira
Rúa Amor Meilán
Rúa San Froilán
Carril das Estantigas
Rúa Nova
Rúa Montevideo
Rúa Ramón y Cajal
Carril dos

Luns, 12 de novembro de 2007

O Salón de Plenos da Casa Consistorial acolleu esta tarde dúas reunión para renovar as prazas vacantes no Consello Escolar Municipal. Ao fronte das reunións estivo a Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro.

Na primeira reunión foi escollida como representante dos alumnos Eugenia Vázquez Pereira, do IES Lucus Augusti.

Na reunión das sete da tarde, á que estaban convocados os directores do centros de Infantil e Primaria, foi escollido como representante de Primaria Carlos Rodríguez Ocampo, director do CEIP Quiroga Ballesteros.

Luns, 12 de novembro de 2007

Os almorzos saudables, que celebra o Concello de Lugo dende hai catro anos, continuarán esta semana en catro colexios máis, unha vez que deran comezo o 15 de xaneiro.

Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render completamente no colexio.

Luns, 12 de novembro de 2007

O Movemento Renovación Pedagógica “ESCOLA VIVA” dependente de FETE-UGT inicia as súas actividades formativas, do presente ano, cunhas xornadas de 13 horas de duración, homologadas pola Conselleria de Educación.

Estas xornadas, tituladas: “Educar con retos: Autismo e trastornos de desenvolvemento”, pretenden dar resposta ao interese do profesorado por temas relacionados coa intervención con alumnado de NEE.

Luns, 12 de novembro de 2007

O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 2 de marzo, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas do centro histórico:

Praza Maior
Rúa Campo Castelo
Rúa San Pedro
Praza do Cantiño
Rúa Nóreas
Rúa Progreso
Rúa do Teatro
Rúa Ánxel Fole
Rúa Xoán Montes
Rúa da Raíña
Rúa San Marcos
Praza do Ferrol
Rúa San Fernando
Rúa Manuel Amor Meilán
Rúa Bolaño Rivadeneira
Rúa Tuñas Bouzón
Rúa Quiroga Ballesteros
Rúa Teniente Coronel Teixeiro
Carril do Soído
Carril do Mercado
Rúa Armañá

Luns, 12 de novembro de 2007

A cuarta edición dos Almorzos Saudables remata esta semana coa visita aos tres últimos colexios inscritos neste programa organizado pola Concellería de Servizos Xerais.

Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render durante toda a xornada no colexio. Esta iniciativa serviu de exemplo para o Ministerio de Sanidade.

Luns, 12 de novembro de 2007

O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá o luns de Entroido o tradicional Torneo de Xadrez, que se celebra por terceiro ano consecutivo organizado pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.

O torneo comezará ás dez e media da mañá e se prolongará até a unha e tamén de cinco a sete da tarde.

Luns, 12 de novembro de 2007

O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 9 de marzo, o Servizo de Desratización actuará en todo o trazado da avenida da Coruña, comprendida entre a porta de San Fernando e o alto de Garabolos.

Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.

Páxinas