Solicitude de axuda para material escolar no segundo ciclo de educación infantil, curso 2020-21

Código: 
352
Presentación: 
Presencial
Descarga

Prazo de solicitude: Do 18 de agosto ao 16 de setembro

Documentación que deberá achegar

  • Fotocopia do DNI da nai e do pai, ou persoas que representen legalmente á nena ou neno.
  • Fotocopia cotexada do libro de familia ou libros de familia  incluída a primeira folla que contén a serie e o número, ou documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Certificación tributaria do exercizo fiscal 2019, positiva ou negativa, da nai e pai ou das persoas  que compoñen a unidade familiar ou asinar a autorización (ANEXO I) para que o Concello de Lugo lle solicite directamente á Axencia Estatal da Administración Tributaria os datos fiscais mencionados anteriormente (NON é valida copia da declaración da renda, só certificación tributaria expedida pola AEAT).
  • Certificación ou informe de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social da nai e do pai,  ou das persoas que representan legalmente a nena ou neno 
  • Documentación acreditativa dos ingresos daquelas persoas en situación de divorcio, separación ou nulidade matrimonial (sentenza xudicial e convenio regulador).
  • Declaración xurada de non ter solicitada nin recibida subvención ou axuda doutras administracións públicas para a mesma finalidade e de estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Lugo (segundo o modelo que se achega no ANEXO II, firmado pola nai e polo pai ou  persoas que representen legalmente á nena ou neno).
  • Declaración responsable de non estar incursa/o en prohibición para obter a condición de beneficiaria ou beneficiario da subvención, conforme o establecido no artigo 13.7 da Lei 38/2003 (segundo o modelo que se achega no ANEXO II, firmado pola nai e polo pai ou  persoas que representen legalmente a nena ou neno).

Directorio