Estratexia Lugo Transforma

Presentación: 
Online
Descarga

"Vídeo sobre Lugo, o tesouro verde no que invertir"

Estratexia Lugo Transforma

Lugo Transforma, é unha estratexia pioneira en Galicia no ámbito municipal, coa que se mobilizarán 12 millóns de euros a través da constitución dun fondo público emprendedor para a captación de novos investimentos para a cidade, atraer empresas e crear emprego sostible.

A Estratexia Lugo Transforma articularase a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores a través da modalidade de fondo de capital risco. Deberán ser proxectos de alto valor engadido, tanto de empresas pequenas ou medianas así como de nova creación, con potencial de crecemento e con alta capacitación naqueles sectores que xeren, preferentemente, impacto social e ambiental.

O Concello aposta por este tipo de fondos de emprendemento, que son moi apoiados no ámbito da Unión Europea porque, por unha banda, permítelle ás empresas o acceso ao financiamento de iniciativas que terían dificultades para acudir a recursos de fontes financeiras tradicionais e, por outra, pola  rendibilidade xerada e a súa contribución ao crecemento económico xa que as empresas participadas son as que en maior medida melloran a súa solvencia e capacidade para obter financiamento privado, presentan un maior rigor na súa xestión, invisten máis en I+D+I e crean máis emprego de calidade.

Pregos da Estratexia Lugo Transforma

Webs de Interese

Invest in Cities

  • Lugo forma parte da rede de cidades atractivas para a inversión. Trátase da maior iniciativa de atracción de investimento a cidades medias españolas, que se conforma como un gran escaparate para que os municipios presenten as súas vantaxes competitivas e os seus proxectos públicos e privados co fin de atraer investimentos aos seus territorios.

Desenvolvemento Local e Emprego

  • O Centro de Empresas e Innovación é unha iniciativa do Concello de Lugo orientada a ser un instrumento para a promoción económica da cidade e unha ferramenta de apoio para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Noticias de Interese