Solicitude de transmisión de licenza de taxi

Código: 
168
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación a achegar:

  • Copia do NIF/CIF do solicitante e do NIF do representante. Copia do NIF/CIF e do permiso de conducir do adquirente.
  • Copia da tarxeta da licenza e da tarxeta de transporte.
  • Copia do permiso de circulación e da ficha técnica do vehículo.
  • Certificados de non ter débedas coa Seguridade Social, Axencia Tributaria, Axencia Tributaria de Galicia e Concello de Lugo.
  • Declaración xurada do adquirente de non ser titular doutra licenza de taxi no Concello de Lugo nin noutro Concello da provincia.
  • Declaración xurada do adquirente de que se dará de alta na actividade económica ou no réxime de autónomos, así como na Seguridade Social.
  • Copia da póliza do seguro do vehículo e do recibo do pagamento.
  • Xustificante pago taxas.
  • No caso de transmisión mortis causa: Certificado de defunción; aceptación, partición da herdanza ou acreditación xudicial de herdeiros.