Autorización para actividades ao aire libre

Código: 
174
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

A). Xunto con este impreso debidamente cumprimentado, deberase achegar a seguinte documentación mínima:

0. Acreditación da personalidade da parte interesada (DNI/ NIE no caso das persoas físicas e acta de constitución no caso das xurídicas) ou no seu caso, do seu representante e documento que acredite a representación.

1. Memoria descritiva dos actos, indicando as datas e horarios de desenvolvemento, e medios auxiliares.

2. Plano con suficiente detalle do chan afectado polo evento e ocupación das instalacións.

3. Seguro de responsabilidade civil (copia de póliza + recibo) ou, se é o caso, certificado da entidade aseguradora.

4. Certificado da instalación eléctrica, (copia do orixinal debidamente diligenciado ante o departamento autonómico competente en materia de industria) de grupos electróxenos, cadros eléctricos, infraestrutura auxiliar, etc.

B). A anterior documentación complementarase nos seguintes casos:

5. Cando existan bens de interés cultural/natural nas proximidades, indicaranse estes nun plano e describiranse na memoria as medidas existentes ou previstas para garantir a indemnidade dos ditos bens.

6. Cando o solo a ocupar non sexa de titularidade municipal achegarase autorización da persoa titular.

7. Cando para o desenvolvemento dos actos sexa necesario corte do tráfico viario/peonil sinalaranse en plano os tramos que o precisen, indicando a data e horario do corte.

8. Cando se prevexa o uso de equipos de megafonía ou os actos desenvólvanse en horario nocturno, achegarase estudo acústico emitido por técnico competente especificando as áreas con usos sensibles (residencial, sanitario, educativo, etc.), valorando a incidencia acústica nas mesmas e as medidas para minimizar as molestias.

9. Cando a asistencia máxima de público prevista supere as 2.000 persoas en recintos ou espazos delimitados (definidos por un perímetro) ou, de ser o caso, 20.000 persoas en espazos abertos, requirirase a presentación dun Plan de Autoprotección, estando sometida a celebración dos actos a previa licenza.

C). 10. Con independencia da documentación da propia organización do acto, as persoas titulares/instaladoras das instalacións de carácter temporal (escenarios, tribunas, carpas, bares, postos de venda, atraccións, etc.), deberán achegar a súa propia declaración responsable utilizando o impreso específico (modelos 181 ou 182, dependendo do tipo de instalación), xunto coa documentación esixida en cada caso.

D). A Administración municipal poderá requirir motivadamente aqueles outros documentos que considere necesarios para acreditar as condicións de seguridade, salubridade, tranquilidade, dispoñibilidade de autorizacións e calquera outra materia legalmente esixible.

Prazos

A documentación anterior presentarase cunha antelación mínima dun mes con respecto á data de comezo dos actos do evento, excepto o certificado de instalación eléctricam, que poderá achegarse con anterioridade ao comezo do evento. A relativa ás instalacións referenciadas no punto s, deberá achegarse nun prazo de quince (15) días.

Directorio