Solicitude de ocupación de vía pública dos caldeiros do polbo

Código: 
179
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación a aportar:

  1. Copia do NIF/NIE/CIF. No seu caso, documentación acreditativa da representación
  2. Fotografía na que sexa visible a fachada do establecemento de hostalería ao que se vincula a ocupación, sinalizando a zona de colocación do caldeiro e elementos auxiliares
  3. Croquis en planta acotado
  4. Copia da alta no IAE, no epígrafe correspondente
  5. Núm. de Licenza do establecemento
  6. OCA (Certificado da revisión da instalación eléctrica) do establecemento con valoración favorable
  7. Certificado ou póliza do seguro de responsabilidade civil con cobertura de todo-los riscos derivados da actividade para a que se autoriza a ocupación de vía pública; e xustificante do pago da prima e do período de cobertura do mesmo
  • Estará prohibido o tendido de cables aéreos. Terán que ir protexidos por canaletas pasacables homologables
  • Deberase contar con extintor disponible