As iniciativas, que son gratuítas, centraranse nos deportes de Skate e Bmx, así como na técnica de arte urbano Stencil, que artistas como Bansky axudaron a expandir.
A inscrición poderá realizarse na propia actividade, que será de balde. Os cursos desenvolveranse nos meses de xuño e xullo nas instalacións do novo skatepark.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anima á mocidade a participar nos obradoiros que pon en marcha a concellería de Xuventude vinculados á cultura urbana tanto desde a súa perspectiva deportiva como artística. “O noso obxectivo é ofrecerlle ao colectivo xuvenil a posibilidade de participar activamente en iniciativas que favorezan o seu desenvolvemento integral a través de actividades de cultura urbana, moi próximas a estas idades, proxectadas como accións de ocio, pero tamén de formación”, sostén a rexedora.
As actividades, que serán de balde, centraranse nos deportes de Skate e Bmx, así como na disciplina artística Stencil, técnica de arte urbano que artistas como Bansky axudaron a expandir e a internacionalizar. As clases impartiranse en xuño e xullo e non é necesaria a inscrición previa, senón que se pode formalizar na mesma actividade.
Dirixidas a poboación de 12 anos en adiante, aínda que tendo prioridade a xente máis moza, os obradoiros serán coordinados e impartidos por profesionais recoñecidos. Desenvolveranse na pista de Skate ubicada en Pablo Fabio Máximo.
O Skate é un dos deportes urbanos máis practicados do mundo e modalidade olímpica desde 2021. Segundo lembra o concelleiro de Xuventude, “é unha actividade moi popular entre os nenos e nenas, que require de esforzo e concentración pero tamén dunha previa instrución de técnicas e estratexias para saber como realizar trucos sen perigo de facerse dano”.
As actividades de desenvolven a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións e está incluída no programa +Xti.
Ao final das xornadas, terá lugar unha sesión final a modo de exhibición cos participantes, na que participarán deportistas skaters galegos de nivel avanzado, e haberá música en directo.
Sesións:
- 17 Xuño Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
- 18 Xuño Skate Bmx 16:30 - 21:30h
- 19 Xuño Skate 10:30 - 14:30h
- 24 Xuño Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
- 25 Xuño Skate Bmx 16:30 - 21:30h
- 26 Xuño Skate 10:30 - 14:30h
- 1 Xullo Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
- 2 Xullo Skate Bmx 16:30 - 21:30h
- 3 Xullo Skate 10:30 - 14:30h
- 8 Xullo Skate e Stencil 16:30 - 21:30h
- 9 Xullo Skate Bmx 16:30 - 21:30h