Lara Méndez abre o paso peonil que comunica o Parque Marcos Cela co Mirador da Volta da Viña

A alcaldesa puxo esta mañá a disposición da cidadanía os novos accesos, logo de completarse a mellora da seguridade na contorna.

Entre as medidas adoptadas figura a colocación dun valado de madeira que delimita as escaleiras de unión destes espazose dun paso peonil intelixente, alén de maior iluminación que redundará na protección de peóns e ciclistas.

“A nosa vontade é seguir habilitando e rexenerando espazos para permitir que a veciñanza poida desprazarse con comodidade por toda a cidade”, referiu a rexedora.

Venres, 23 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez abre o paso peonil que comunica o Parque Marcos Cela co Mirador da Volta da Viña

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, procedeu esta mañá a abrir o paso que comunica o Parque Marcos Cela co Mirador da Volta da Viña.

Un treito que ten tan só dez metros de lonxitude pero que está afectado por un importante desnivel que dificultaba a conexión peonil directa entre ambos espazos e que, agora, o Executivo de Lara Méndez recupera para a cidadanía, mellorando a súa seguridade coa instalación dun valado de madeira que delimita o percorrido de escaleiras de pedra existentes e que exerce, alén, como punto de apoio.

“A nosa vontade é a de seguir incrementando a accesibilidade da capital e ir habilitando e rexenerando espazos para permitir que a veciñanza poida desprazarse con comodidade por todos eles, buscando unha mobilidade sostible pero tamén racional e sobre todo segura”, sinalou Lara Méndez.

Nese mesmo sentido, a alcaldesa lembrou que, precisamente, este enclave, coincidente co trazado do Carril Bici, conta cun novo paso de peóns intelixente.

“Trátase da segunda infraestrutura deste tipo coa que contamos na cidade, logo do instalado na Rolda do Carme, que é capaz de detectar a presenza de viandantes para darlles prioridade ante o tráfico rodado e que foi complementado coa colocación de nova iluminación e de balizas que redundarán na protección de todas e todos, xa sexan condutores e condutoras, camiñantes ou ciclistas”, aclarou.

A rexedora lucense explicou que este sistema automático se activa cun sensor de presenza, aumentando a intensidade lumínica dun 30 a un 100%, o que provoca unha chamada de atención ao vehículo que se aproxima sobre a existencia dunha persoa que pretende cruzar. Unha mellora que se completa coa súa elevación, mediante un badén, o que obriga á minoración da velocidade.

“Medidas que se viron reforzadas, así mesmo, con outros elementos de protección comúns (bolardos) e coas que se pretende un guiado visual axeitado para todos os tipos de circulación que conviven na contorna dun xeito acorde á súa configuración natural e orográfica”, engadiu.

Toda a actuación forma parte da estratexia DUSI Muramiñae “Da Muralla ao Miño”, cofinanciada ao 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Audio

  • A alcadesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a apertura do paso da Volta da Viña | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez abre o paso peonil que comunica o Parque Marcos Cela co Mirador da Volta da Viña

Noticias relacionadas