Área de Mobilidade e Infraestruturas

Actualidade

A I Liga de Oratoria Intercentros promovida polo Goberno Local terá lugar do 10 ao 12 de maio e reunirá a seis centros educativos da cidade
Mércores, 01 de maio de 2024

Trátase dunha iniciativa pioneira posta en marcha pola Área de Xuventude co obxectivo de incentivar o pensamento crítico e o traballo en equipo entre a mocidade lucense.

“Creamos un espazo de debate, no que os mozos e mozas poidan expresas a súa visión da sociedade e asimilar os valores dos sistemas parlamentarios”, explicou Jorge Bustos.

A maiores da competición, haberá obradoiros gratuítos e abertos a toda a mocidade lucense o sábado de 16:30 a 18:00 horas na Casa da Xuventude.

Estes talleres estarán impartidos polos membros do xurado do torneo, entre os que figuran nomes destacados como Manuel Maseda, Saúl Corredoira ou Antonio Platero.

Concello e Confederación Hidrográfica asinan un protocolo de colaboración que permitirá poñer en valor a antiga Fábrica da Luz e a súa contorna
Martes, 30 de abril de 2024

A través deste acordo, ambas as administracións estreitan a súa colaboración para adecuar os usos do complexo para que poida converterse na sede do futuro centro enogastronómico previsto dentro do Plan de Turismo Sostible.

“A súa recuperación permitirá posicionar a Lugo como un destino enogastronómico de referencia á vez que brinda unha oportunidade única ao tecido produtivo lucense para promocionar os seus produtos”, sinalou a rexedora.

O Concello xa conta cun anteproxecto que prevé utilizar o volume central do edificio nun obradoiro onde os visitantes poderán gozar de distintas experiencias gastronómicas nunha localización paisaxística privilexiada.

Continúa a renovación do alumeado público con novas actuacións na Milagrosa e nas Gándaras
Domingo, 28 de abril de 2024

Renováronse as luminarias da rúa Menorca e da praza da Milagrosa, e na rúa Venancio Senra e a súa contorna, instalando LED, o que supón un importante.

Rubén Arroxo: "seguimos traballando na mellora da eficiencia enerxética de Lugo, garantindo un alumeado púbolico útil e eficiente".