- Tipo

O Museo Interactivo da Historia de Lugo configúrase como un proxecto moi innovador tanto na súa arquitectura como na súa instalación museográfica. A cuberta do edificio é, en realidade, un gran xardín arborado de 11.300 metros cadrados, no que aparecen un conxunto de patios circulares afundidos. O conxunto arquitectónico subterráneo está formado por cilindros de máis de 8 metros de altura.
En total, a superficie construída é de 4.035 metros cadrados distribuídos en distintas dependencias: a sala da exposición permanente sobre a historia da cidade ocupa 300 metros cadrados, pero o museo contará ademais con outra sala para exposicións temporais de 242 metros cadrados, salón de actos, biblioteca, ademais de cafetería, tenda, administración, etc. É de destacar que o sistema enerxético do edificio farase por medio de caldeiras de biomasa, o que evita o emprego de enerxías non renovables e favorece a súa sostenibilidade.
O MIHL conta tamén cunha amplia programación de exposicións temporais e de actividades culturais e didácticas.
Entradas e visitas
- Entrada gratuíta
- Para visitas de grupos hai que concertar cita por teléfono ou na Oficina Municipal de Turismo (Praza do Campo, 11)
Horario
a) Horario de inverno vixente do 1 de xaneiro ao 31 de maio e do 15 de outubro ao 31 de decembro (excepto Semana Santa e Nadal):
- De martes a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas
- Sábados, domingos e festivos de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30 horas
- Pechados os luns, excepto festivos
b) Horario de verán vixente do 1 de xuño ao 14 de outubro:
- Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
- Non se pecha ningún día
c) Horario de Semana Santa (vixente desde a véspera do Domingo de Ramos):
- Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
- Non se pecha ningún día
d) Horario de Nadal (vixente desde o 20 de decembro ao 6 de xaneiro):
- Todos os días de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
- Pechados os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro
e) Horario especial:
- 18 de maio, Día Internacional dos Museos: horario continuado de 10 a 20 horas
- Arde Lucus: xoves e venres de 10 a 14 e de 16 a 22 horas; sábado de 10 a 22 horas e domingo de 10 a 20 horas