Museo Universitario da Domus do Mitreo

Praza Pío XII, 3
27001 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982 821 513

Este Museo, propiedade da Universidade de Santiago e do Concello de Lugo e xestionado integramente pola Universidade, é un exemplo excepcional da historia urbana da cidade de Lugo. Nun espazo duns 700 m2 agrúpanse diversos restos arqueolóxicos cuxa interpretación permite coñecer aspectos de grande interese acerca da evolución da nosa cidade, tanto no período romano como en épocas posteriores.

O museo divídese en tres zonas:

  1. O vestíbulo: nel poderán coñecer as fases polas que pasou este soar.
  2. A planta subterránea: Na planta subterránea veremos os diferentes elementos da época romana que saíron á luz tras a escavación: domus da época altoimperial (1º cuarto do século I a. C.-270 d. C), pano da muralla orixinal e templo mitraico.
  3. A primeira planta, na que se fai un percorrido pola historia do espazo desde a Idade Media ao século XX. .

Visitas e reservas: cultura.lugo@usc.es 982821513

Horario atención o público de luns a venres de 9:00 a 14:00

Horario do Museo:

  • Martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
  • Domingo e festivos de 11:00 a 14:00

Verán

  • Martes a sábado de 11 a 14 e 17 a 20 horas
  • Domingos e festivos de 11 a 14 horas
  • Luns pechado

Primeiros mércores de mes entrada gratuíta, resto dos días previo pago de 3€.

Horarios Arde Lucus:

  • Venres de 11:00 a 22:00
  • Sábado 10:30 a 22:00
  • Domingo 11:00 a 20:00

Directorio