Centro de Interpretación da Muralla

Praza do Campo, 11
27001 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982 251 658

O Centro de Interpretación da Muralla trata de explicar a historia e a influencia do monumento romano na cidade de Lugo ao longo da historia.

O museo, ubicado nun edificio do século XVIII, e en pleno casco histórico, ten catro andares adicados a catro épocas diferentes. Se ben, todos seguen a mesma organización. En cada un dos andares hai un vídeo no que se explica como ve a cidadanía o monumento e como inflúe no día a día da capital. Ademais, hai varias pantallas táctiles con simulacións sobre como era a cidade, con edificios, personaxes e lugares relevantes. Con esta distribución e elaboración dos contidos téntase que sexa o propio visitante o que decida canto tempo quere investir en ver o centro.

Entradas e visitas

  • Entrada gratuíta

Horario

a) Horario de inverno do 1 de xaneiro ao 31 de maio e do 15 de outubro ao 31 de decembro (excepto a Semana Santa e Nadal):

  • Todos os días de 10 a 14 e de 16 a 18 horas

b) Horario de verán vixente do 1 de xuño ao 14 de outubro:

  • Todos os días de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas

c) Horario de Semana Santa (vixente desde a véspera do Domingo de Ramos):

  • Todos os días de 10 a 14 e de 16 a 20 horas

d) Horario de Nadal:

  • Todos os días de 10 a 14 e de 16 a 20 horas (este horario aplicarase do 20 de decembro ao 6 de xaneiro)
  • Pecha os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro

e) Horario especial:

  • 18 de maio, Día Internacional dos Museos: horario continuado de 10 a 18 horas
  • Arde Lucus: xoves e venres de 10 a 14 horas e de 16 a 22 horas; sábado de 10 a 22 horas e domingo de 10 a 20 horas

Directorio