XLV Semana de Música do Corpus

Do 24 de maio ao 5 de xuño
Círculo das Artes, na Capela de Santa María e na Casa do Saber da USC

 Esta semana de música complétase co programa do IV Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo, que se celebra do 16 ao 23 de xuño na Catedral e na igrexa de Santiago A Nova. Ademais, o 27 de maio, haberá música na rúa, a cargo do alumnado do conservatorio e das escolas de música, das 12:00 ás 20:00 horas, e no Vello Cárcere, ás 18:00 horas.

Trátase dunha programación de 9 concertos coa que se recupera para todos a música barroca e clásica.

Como xa é habitual nesta cita, en Lugo reuniranse prestixios músicos, como a soprano Roberta Invernizzi, a agrupación Praga Camerata, baixo a batuta de Pavel Hula, ou o viologambista Jordi Savall. Neste festival tamén participará a Banda Filharmónica de Lugo, con J. Alberto Pina como director convidado, as voces, contratenor e baixo de Enrike Sokinís & Euskal Barrokensemble, o pinaista Sergei Yerokhin, a violonchelista Iris Azquinezer, a Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia e a orquestra barroca II Comattimento.

Por outra banda, os encargados de poñerlle son ao IV Festival Internacinal de Órgano do Corpus Christi, neste caso organizado polo Centro Eucarístico Lucense coa colaboración da entidade local e enmarcado dentro do ciclo europeo, son os intérpretes Jacob Lorentzen, Fabio Ciofini e Giulio Mercati, Noemí Mazoy, Lidia Basterretxea, Eugenio María Faigani e o coro Solo Voles, con Arturo Barba ao órgano.

Multimedia

Directorio