Talleres para mozas e mozos 2015

Ata o 26 de decembro
Casa da Xuventude e Polideportivos de FRIGSA e da Piringalla

O Concello de Lugo oferta 270 prazas para participar en 17 obradoiros, que se desenvolverán dende o vindeiro 1 de outubro ata o 26 de decembro na Casa da Xuventude, no pavillón de Frigsa e no polideportivo municipal Daniel Cordido Castro.

Grazas a estes talleres, os mozos e mozas terán a oportunidade de preparar os exames de inglés Pet 1 e 2, así como o First 1 e 2. Tamén poderán practicar pilates, ioga, zumba e familiarizarse coas ténicas de cociña. Retocar fotografías, mellorar a autoestima e coñecer a intelixencia emocial son outros dos aspectos nos que profundizarán estes talleres. Esta programación inclúe tamén actividades sen límite de prazas como o tenis de mesa, hoquei, hiphop, breakdance, acrosport, parkour e apoio escolar para os máis cativos.

Directorio