Rutas guiadas pola cidade

Do 19 ao 27 de marzo de 2016
Saída da Praza do Campo

O Concello ofrece visitas guiadas gratuítas pola cidade de Lugo, un total de 12, entre os días 19 e 27 de marzo, en quenda de mañá, ás 12:30 horas, os días 19, 22, 23, 24, 25 e 26, e en quenda de tarde os días 19, 20, 21, 24, 25 e 26 de marzo.

Os lugares que se visitarán son a Muralla, a Catedral, o recinto histórico, a Praza da Soidade, a Praza de Santo Domingo, a rúa da Raíña, a Praza Maior, o Museo Provincial, a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e a Domus do Mitreo.

Todos os interesados en realizar algún destes roteiros, que terán como punto de saída a Praza do Campo e que terán unha duración estimada de dúas horas, deben concertar a súa visita na Oficina Municipal de Turismo de Lugo ou no teléfono 982.25.16.58. Máis información no servizo de información cidadá 010 ou no 982.29.73.50.

Rutas guiadas pola cidade

Directorio