Lugomáxico

Do 1 ao 7 de maio de 2016

XIII Semana Internacional de Maxia en Lugo - Lugo Máxico celebrarase entre o 1 e o 7 de maio en distintos lugares da cidade. Trátase dunha programación para todas as idades, que traerá a Lugo a medio cento de actividades máxicas e a unha vintena de magos diferentes.

As entradas para as tres galas, que se celebrarán no Auditorio Municipal Gustavo Freire, poden adquirirse en www.entradaslugo.es por un prezo de 5 ou 8 euros, dependendo da zona, así como no Centro de Interpretación da Muralla. Os mesmos días das galas tamén se poderán adquirir no propio auditorio dende 90 minutos antes do comezo do espectáculo.

Lugomáxico

+ info