Exposición fotográfica de Manuel Ovalle

Do 4 ao 31 de marzo de 2016
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

A mostra fotográfica Miradas de luz y color reúne unha trintena de fotografías de Manuel Ovalle. Na exposición poderanse visitar máis de 30 fotografías de diferentes lugares de España, tomadas en Galicia, Castela A Mancha ou Castela e León, entre outros, así como retratos, que grazas ao tratamento dixitalizado, ofrecen un concepto máis pictórico da fotografía.

Esta exposición poderase visitar ata o 31 de marzo no MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

Directorio