Exposición artística multidisciplinar 8MIHL

Dende o 6 de febreiro de 2014 e ata o 6 de abril de 2014 pódese visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a exposición artística multidisciplinar 8MIHL de martes a sábado de 16:30 a 20:30 horas

Do 6 de febreiro ao 6 de abril do 2014

Baixo o nome de 8MIHL, esta mostra recolle o traballo de oito artistas de diferentes disciplinas e nados en Lugo, que queren descubrir a vangarda artística actual na cidade. Así, Toño de López, Poy, Quique Muruais, Jojo, Miguel Fernández, Guitián, Leandro e La Cosa Gráfica son os artistas que ata o 6 de abril amosarán o mellor dos seus traballos.

A exposición comeza o 6 de febreiro con fotografía de Toño de López e escultura de Poy ata o 20 de febreiro, momento no que comeza o ciclo de Quique Muruais e Jojo (Jorge Alba) ambos con mostra de pintura. A partir do 8 de marzo é o turno de Miguel Fernández e Guitián chegados do mundo do cómic e a ilustración. Finalmente dende o 23 de marzo e ata o 6 de abril serán Leandro e La Cosa Gráfica os que mostren os seus traballo de humor gráfico e multimedia.

Directorio