Cursos sobre motor e seguridade viaria

29 de abril ao 16 de setembro de 2016
Polígono O Ceao

Cursos de copilotaxe, cursos de mecánica de competición, actividades sobre seguridade ao volante e condución de todoterreos. Ademais, o Concello entregará unha beca deportiva entre os asistentes ao curso de mecánica de competición, que consistirá en acompañar ao equipo Vallejo Racing nun rally con todos os gastos pagados.

Todas estas actividades son gratuítas e dirixidas a mozos e mozas a partir dos 16 anos. O prazo de inscrición comeza o 13 de abril a través do teléfono de atención cidadá 010 (982 297 350 para chamadas dende fóra de Lugo).

Documentos