Concertos didácticos 2017

Novo achegamento aos escolares ao mundo da música cunha edición máis do ciclo de concertos didácticos

Do 4 de abril de 2017 ao 15 de xuño de 2017
En todos os Centros Educativos de Lugo, Hospital de Calde e Auditorio Municipal Gustavo Freire

Programación do ciclo de concertos didácticos, que arrincarán o vindeiro martes, 4 de abril, e que se desenvolverá ata o xoves, 15 de xuño, nun total de 24 centros educativos lucenses e no Hospital de Calde. Como broche de ouro a este ciclo, o 15 de xuño, ás 19:00 horas, terá lugar, no Auditorio Municipal Gustavo Freire un concerto extraordinario do alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo. A entrada será gratuíta.