Arde Lvcvs MMXVI

Festa de recreación histórica do 16 ao 19 de xuño

16, 17, 18 e 19 de xuño de 2016
Varios lugares da cidade

Os días 16, 17, 18 e 19 de xuño de 2016, un fenómeno máxico apodérase de cada recuncho da nosa cidade, transformándoa por completo, enchéndoa de personaxes ancestrais que xa non deberían camiñar entre nós. Velaí está a maxia do Arde Lucus, en retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico en primeira persoa.

Mergúllate connosco na vida de Lucus Augusti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana, e percorre o seu recinto amurallado, onde gozarás dun pasado máis vivo ca nunca.