
Quiosco da Música
Ano 1928
- Arquitecto: Eloi Maquieira Fernández
Os quioscos eran elementos arquitectónicos que se consideraban imprescindibles en todo parque público. As obras fixéronse en setembro de 1928.
Nun principio destinouse como mirador, antes de facerse a Pérgola, para dar concertos a Banda Municipal e albergar, na metade da planta baixa, os servizos de mulleres e de homes. Situouse na praza circular disposta nas proximidades da pérgola. A armadura metálica da cuberta foi encargada aos Fillos de J. Barreras de Vigo.
Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

