
Pérgola
Ano 1927
- Arquitecto: Eloi Maquieira Fernández
Aprobouse a construción o 23 de xullo de 1927, e foi restaurado no 2007. É unha das primeiras obras de orientación racionalista que se fixeron en España, con formigón armado e elementos de estilo Art Déco. Aproveitouse o ángulo da terraza que limitaba coa prolongación da avenida de Ángel López Pérez (actual avenida do Doutor García Portela), transformando aquela parte nun espléndido mirador, desde o que gozar, a cuberto do sol, a admirable paisaxe que ofrece o río Miño.
Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

