Mapa da Península Ibérica (Ano 1929)

Mapa da Península Ibérica
Ano 1929

- Arquitecto: Eloi Maquieira Fernández

En 1929 aprobouse a adquisición á casa Hepzos dun mapa cartográfico da península Ibérica en relevo con iluminación nas capitais de provincias e Lisboa, así como de catorce faros. O proxecto xurdiu dunha visita ao parque o ano anterior por parte do presidente do directorio militar xeneral, Miguel Primo de Rivera, marqués de Estella, que no seu percorrido destacou o interese de instalar no parque un mapa de España en relevo.

Para protexelo aprobouse a construción dun alpendre. Fíxose en formigón armado a base de columnas, con ménsulas dobres sobre elas, cuberta de lousa coa armadura de piñeiro vermello e cangos de castiñeiro. O corpo superior foi destinado a pombal, o canlón era  de zinc, facendo de bebedoiro para as pombas, con subministración de auga.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro