Escultura de Rosalía de Castro
Ano 1971
- Escultor: Manuel Mallo Mallo
- Técnica: Labra en pedra
- Material: Granito
Inaugurouse no ano 1971 co obxectivo de honrar a memoria da poetisa Rosalía de Castro, que lle dá nome ao parque. Consta dun busto sobre un pedestal de granito, de 2,80 metros de altura. Optouse por unha obra modesta co fin de que a súa presenza no parque tivese un sentido didáctico e poético, pero sen buscar espectacularidade.
Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro

