Casa Almacén (Ano 1923)

Casa Almacén
Ano 1923

- Arquitecto: Ramiro Sainz Martínez

Foi o primeiro edificio que se construíu no parque. Tiña por finalidade resgardar plantas delicadas dos rigores das temperaturas do invernal e estival, así como para gardar as ferramentas e outros utensilios necesarios para a conservación de macizos e paseos.  En 1992, modificouse a construción, demoléronse os inmobles anexos ao corpo principal da paxareira e acondicionouse e rehabilitouse o resto do edificio.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro