Aguia do Bimilenario (Ano 1975-1993)

Aguia do Bimilenario
(Ano 1975-1993)

- Autor: Santiago de Santiago Hernández
- Técnica: Modelado fundido en bronce

En 1975, con motivo do bimilenario da fundación da cidade levantouse un monumento na Praza de Santo Domingo formado por unha columna clásica da orde corintia cunha aguia imperial. O bosquexo orixinal tiña as ás despregadas pero por temor a que os vendavais a derrubasen, fíxose con elas pregadas. As críticas xurdidas fixeron que se substituíse por outra de acordo coa idea orixinal.

En 1993, a escultura da aguia instalouse nas Costas do Parque, aproveitando a súa ampliación. Son dez bloques de granito da leira de Fraguas, de Parga, no seu estado natural. Na parte superior dunha delas ancorouse a aguia, creando un escenario salvaxe, acorde co hábitat desta ave.

Fonte: Plan director do parque Rosalía de Castro