Consulta Pública Auditorio
O próximo 20 de decembro o Concello de Lugo porá a disposición da cidadanía o novo Auditorio.
A súa entrada en funcionamento será, sen dúbida, un fito para o municipio e un revulsivo para a dinamización cultural da capital e da provincia.
A alcaldesa, Paula Alvarellos, quere que a súa posta en marcha sexa un punto de partida para a instalación caracterizado polo consenso social, por iso o/a convida a participar nesta Consulta Pública que ten por obxecto escoller o nome da dotación cuxa andaina, por desexo da rexedora, debe comezar dende a unidade, respectando o sentir maioritario das e dos lucenses.
Se vostede é veciño ou veciña de Lugo e ten máis de 15 anos, pode decidir o seu voto entre as seguintes propostas que foron trasladadas oficialmente á Alcaldía para que o novo Auditorio se chame:

