O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia preto de cen obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNI e documentación, así como carteiras e monedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, copresidiron a sesión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade na que se estableceu o Plan Operativo para as Festas de San Froilán 2007.
Nesta xuntanza estiveron presentes tamén o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade e representantes da Consellería de Presidencia, da Garda Civil, Policía Nacional, Autonómica e Local e Protección Civil.
A porta de acceso ás oficinas municipais pola ronda da Muralla estará pechada debido ás obras que se están a facer na ronda.
Os cidadáns que necesiten realizar calquera trámite nestas oficinas deberán entrar pola porta de acceso ó aparcadoiro sita na rúa Angel López Pérez. O peche desta porta está previsto que sexa de dúas semanas aproximadamente.
ROGAMOS DISCULPEN AS MOLESTIAS
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou do auto dictado polo Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo que levanta a suspensión cautelar das probas de oposición para a Policía Local e permite que comecen con plena normalidade o martes 25 de setembro, tal e como estaba previsto dende a súa convocatoria.
Esta resolución, confirma que o proceso seguido dende o Goberno local é un proceso totalmente claro e transparente.
Recordemos que este auto é o resultado dun recurso realizado a principios de setembro por dous policías que traballaron como interinos na Po
O Concelleiro de Réxime Interior, José Rábade, mantivo esta mañá unha xuntanza coa Xunta de Persoal do Concello de Lugo na que se acordou a creación dunha Comisión Permanete. Este grupo de traballo encargaríase de estudar os temas laborais da Administración Local.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade e o Director do INEGA Xoán Ramón Doldán García, presentaron o novo servizo de aluguer de bicicletas que será gratuíto en Lugo ata o ano 2008.
Rebicíclate, nome que recibe esta nova oferta do Concello de Lugo para a cidadanía, ten como obxectivo que os lucenses se reciclen, que cambien o “chip” e que comecen a ver as bicicletas como un medio de transporte alternativo máis beneficioso para o Medio Ambiente.
Non é un deporte nin unha diversión só para o verán, senón que permite percorrer a c
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Réxime Interior, José Rábade, mantiveron hoxe unha xuntanza cos órganos directivos da Xunta de Persoal do Concello.
Os representantes do Goberno Local recibiron, ó redor das 13:00 horas no Salón de Comisións da Casa Consistorial, ó Presidente da Xunta de Persoal, e demáis membros.
O Alcalde comunicoulles a súa clara intención de acadar, para os traballadores, o máximo nivel de melloras económicas e sociais que permita a legalidade.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, explicou hoxe os esforzos efectuados polo Concello de Lugo para atender ó cidadán en materia de vixiancia, rescate e salvamento no río Miño.
Como todos os anos, con motivo da celebración do día de Todos os Santos, o Concello pon en marcha un dispositivo policial e de tráfico para regular a elevada afluencia de vehículos e persoas ó cemiterio de San Froilán como todos os anos.
O dispositivo estará en funcionamento dende o día 29 de outubro, xa que os días previos á festividade, son moitos os lucenses que visitan o cemitirerio para realizar as labores de limpeza das tumbas.
A brigada de sinalización situou xa o material de sinalización circunstancial para a ordenación do tráfico nas zonas afectadas.
A Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade, que dirixe José Ángel Gónzález Corredoira, establecerá dende o xoves e até o domingo, un sistema de autobuses para dar servizo ao público asistente á Copa de España de Fútbol Sala, que se disputará no Pazo universitario nestes catro días.
Así, ás liñas 1 (Universitario-Piringalla), 4 (Tolda-Abella), 7 (As Gándaras-Campus) e 12 (especial Campus) darán servizo aos partidos que se disputen o xoves e o venres.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- seguinte ›
- última »