
A Alcaldesa, Lara Méndez, asegurou este luns que, coa destitución de Rocío Mosquera como titular da carteira de Sanidade, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “ratifica o que xa dixemos os lucenses no seu día, danos a razón, cando recriminamos a actitude da Conselleira”, declarada persoa

A Alcaldesa, Lara Méndez, subliñou que a distinción que vén de recibir o cemiterio municipal de San Froilán por contar co mellor monumento arquitectónico funerario de España “fortalece o posicionamento de Lugo como destino cultural no mapa do país”.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este venres o autobús que con motivo da Semana do Cerebro se instalou na praza luguesa de Augas Férreas.

O mausoleo neogótico situado á entrada do cemiterio municipal de San Froilán, unha das construccións máis emblemáticas do recinto, resultou gañador do concurso para elixir o mellor monumento arquitectónico funerario de España, o que contribuirá a aumentar o atractivo turístico do municipio.

Este mércores, 30 de setembro, finaliza o prazo para participar nas votacións populares do concurso para elixir o mellor monumento arquitectónico funerario de España, que segue liderando Lugo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Pablo Piñeiro, visitaron esta mañá os expositores da XXIII Feira do Mel de Lugo, que acolleu este domingo a Praza da Soidade.
O Concello de Lugo informa de que xa existe dende hai dous anos unha aplicación para dispositivos móbiles (App) que permite aos lucenses comunicar calquera tipo de incidencia no equipamento urbano.

A Alcaldesa, Lara Méndez, e os concelleiros do Goberno local secundarán a manifestación convocada este xoves, ás 20.30 horas, pola Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia para continuar reivindicando a dotación de servizos neste barrio co fin de reactivalo social e economicamente unha

A Asociación Enriqueta Otero – As Quetas organiza mañá venres, 4 de setembro, o II Mercadillo Feminino na Praza Maior, entre as 10:00 e as 20:00 horas.
O Concello de Lugo abriu este martes o prazo para matricularse nas actividades deportivas para maiores que se impartirán nas piscinas de Frigsa e As Pedreiras.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- …
- seguinte ›
- última »