A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asiste mañá, xoves, e o venres, a un seminario internacional co título Bancos del Tiempo: Construyendo confianza, solidaridad y comunidad, que se celebra en Barcelona.
Este seminario está organizado pola Asociación Salud y Familia e dividirase en dous eixos: os principios básicos de xustiza social e os vínculos dos bancos de tempo coa comunidade.
Este seminario contará coa presencia de docentes de renome internacional como Edgar Cahn, Martin Simon e Elvira Méndez.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, realizará mañá, mércores, unha visita guiada ao Castro de Viladonga, para substituír a viaxe programa á aula de natureza do Veral dentro do programa de Animación Sociocultural.
A visita ao Veral tivo que ser suspendida por motivos alleos á organización polo que foi reemplazada no último momento por esta visita.
A saída será ás nove e media dos centros sociais e a visita está programa para as dez e durará unha hora.
Para evitar aglomeracións, limitouse o número de participantes a 30.
O Concello de Lugo acollerá os días 19 e 20 de abril as “I Xornadas lucenses de Prevención de Drogopendencias: misión globalizadora”, organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
O prazo de inscrición para esta convocatoria pecha mañá, venres, e pode realizarse nas oficinas de Gesticultura, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ou chamando ao teléfono 982 285 202.
Existe unha limitación de cen prazas por actividade e son gratuítas.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias comeza hoxe unha serie de actividades dirixidas a mozas e mozos do Concello e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas e a venda de obxectos decomisados na loita contra as drogas.
O primeiro destes programas leva por título “E ti, ¿comunicas?” e consiste nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais. Terán lugar todos os xoves e venres até o 23 de marzo, de catro a sete da tarde. Está dirixido a mozas e mozos de 12 a 20 anos.
A Concellería de Muller e Benestar Social está a organizar unha exposición de fotos antigas dentro da súa programación de animación sociocultural. Esta iniciativa pretende difundir o pasado dos barrios da cidade a través das fotografías antigas e Carmen Basadre convidou a todos os lucenses a presentar as súas instantáneas para expoñer nos distintos centros socioculturais.
O primeiro en acoller este proxecto é o Centro Social de Fingoi que inaugurará a mostra baixo o título de O noso barrio en fotos o vindeiro 26 de abril.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, visitaron as obras de construción do novo centro social de Entrecarrís, situado no Carril das Hortas. Os traballos están moi avanzados e xa son visibles os cimentos do edificio. O Alcalde anunciou que en poucos días presentará o proxecto doutro centro social de nova creación: o da Piringalla.
O centro social de Entrecarrís ten un orzamento de 2.444.955 euros e un prazo de execución de 16 meses.
Un total de 46 mulleres participan esta fin de semana na viaxe a Lisboa organizada pola Casa da Muller e o Concello de Lugo dentro do programa anual de actividades.
O percorrido destqa viaxe inclúe Lisboa, Sintra, Cascais e Estoril con volta a Lugo e o prezo do mesmo oscila entre os 95 e 100 euros e inclúe comidas, pernocta e autobús.
Esta viaxe estivo aberta á participación de todas as mulleres do termo municipal e durante o periodo de inscrición cubríronse as prazas ofertadas.
As mulleres sairán á unha do mediodía en autobús do parque da Milagrosa, fronte ás instalacións
As oficinas de atención ós inmigrantes atenderon case 1.000 consultas no último semestre do 2006.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez González, renovaron o convenio de colaboración para este ano que permitirá ó Concello seguir ofrecendo un servizo de información e orientación ás personas inmigrantes e emigrantes retornados. No transcurso do acto, déronse a coñecer outras medidas para este ano que favorecerán a inserción destas persoas.
O Alcalde destacou que “ninguén emigra porque quere”.
A Directora do Instituto da Muller, Rosa Peris, mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación e coas traballadoras e traballadores da Casa da Muller para presentar os eixos principais da Lei de Igualdad, que se presenta para a súa aprobación o día 15 ao Congreso dos Deputados.
Segundo explicou esta especialista, a función principal desta lei consiste en xerar un novo acordo de convivencia entre homes e mulleres que obrige a deixar atrás as discriminacións, os malos tratos e todas as afrentas que impiden a equiparación dos dous sexos en todos os ámbitos da vida.
Rosa Pe
O puzzle xigante, que estivo a ser construído por voluntarios, estará exposto no Centro Social de Fingoi a partir deste martes onde será inaugurado ás 18:00 horas. A última peza do puzzle xigante foi colocada o pasado 6 de marzo e despois das tarefas de enmarcado pódese contemplar en todas as súas proporcións, que superan o 1´56 metros de alto por 3’21 metros de ancho.
Na construción deste grandioso quebracabezas participaron decenas de voluntarios que, con paciencia, foron desenvolvendo un traballo que lles levou preto dun ano culminar.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- 425
- 426
- 427
- 428
- seguinte ›
- última »