
O Concello de Lugo dá pasos para mellorar a mobilidade da cidade coa creación dunha rede de aparcadoiros disuasorios que permitirá ofertar 293 novas prazas de estacionamento distribuídas en oito puntos estratéxicos do municipio.


A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do contrato da programación dos centros de convivencia, poñendo fin a unha situación na que o servizo viña prestándose co contrato caducado desde había máis de dous anos.

O Concello de Lugo vén de colocar unha cadeira hidráulica na piscina exterior municipal de Frigsa, un sistema que facilitará o acceso autónomo á auga das persoas con mobilidade reducida e que responde a unha demanda que usuarios e familias viñan trasladando desde hai anos.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro con representantes do sector do taxi no que se abordaron distintas medidas destinadas a mellorar a mobilidade tanto no ámbito urbano como no rural do municipio.


O Concello de Lugo desenvolverá nos próximos días unha programación especial con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, que se celebra cada 28 de xuño para reivindicar a igualdade, a diversidade e o respecto aos dereitos das persoas LGTBIQA+.
O Concello de Lugo celebrará este mércores, 24 de xuño, ás 20.00 horas no Círculo das Artes, o acto institucional de nomeamento de Xoán Montes Capón como Fillo Predilecto da cidade, culminando así o procedemento aprobado por unanimidade polo Pleno municipal o pasado mes
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »