Tilia tomentosa (Ti, leira prateada)

Tilia tomentosa
Ti, leira prateada

- Familia: Tiliaceae
- Orixe: natural da península Balcánica
- Curiosidade: utilízase con fins mediciñais, por ter propiedades sedantes-diuréticas. Tamén teñen utilidade en cosmética.

Árbore de follas caducas, coa codia agrisada e lisa, con algunhas fendas transversais, pode acadar ata 25 metros de altura.

As follas son alternas, acorazonadas, algo asimétricas na base, coa marxe dentada, verdes e lisas pola face, tomentosas e prateadas polo envés, de 8 a 12 centímetros, con longo peciolo de ata 5 centímetros.

As flores nacen dunha bráctea en lengüeta, son hermafroditas, dispóñense en grupos de 5-10, formando cimas colgantes de cor verde amarelada. Cada flor ten 5 sépalos, 5 pétalos libres, numerosos estames, 1 ovario e 1 estilo. Son arrecendentes.

Froitos secos, de 0.6-1.2 centímetros de longo, ovoide-pentagonais, veludos e con pequenas espullas, aparecen en grupos de 5-7.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro