Taxus baccata (Teixo)

Taxus baccata
Teixo

- Familia: Taxaceae
- Orixe: nativo de Europa, Asia e Norte de África

Árbore ou arbusto ramificado dende a base, coa codia de cor parda avermellada.

As follas son aciculares, non picudas, aplanadas, de 1,2-3 x 0.3 centímetros, espiraladas subdísticas.

É unha planta dioica, os pés macho producen inflorescencias masculinas nas axilas das follas, con 6 a 14 estames cunha bráctea na base. Os pés femia levan as flores femininas solitarias e situadas tamén nas axilas foliares, o óvulo atópase rodeado de brácteas.

Sementes rodeadas por un arilo carnoso de cor vermella, laranxa ou marela, de ata 1 centímetro de diámetro.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro