Quercus rubra (Carballo americano)

Quercus rubra
Carballo americano

- Familia: Fagaceae
- Orixe: orixinaria da metade oriental de América do Norte
- Curiosidade: aínda que a madeira é resistente non é de longa duración, emprégase, sobre todo, para facer mobles; a codia, que ten moito tanino, úsase para curtir peles

Árbore de folla caduca que pode acadar uns 35 metros de altura, con codia gris plateada que se fende.

As follas, de ata 20 centímetros de longo, son mates por ámbalas dúas caras, de cor amarela clara cando saen, máis tarde verdes e avermelladas cando chega o outono. Son profundamente lobuladas e moi polimorfas, os lóbulos son moi puntiagudos, O peciolo mide uns 2.5 centímetros de longo.

As flores aparecen a mediados da primavera. As femininas situadas nas axilas das follas xoves.

Os froitos son landras de 1.8-2.5 centímetros de longo, cun pedúnculo de 1 centímetro e unha cúpula pouca fonda. Necesitan dous anos para madurar e caen a comezos de outono.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro