Prunus cerasifera ”Pissardii” (Cerdeira de Pissard, abruñeiro dos xardíns)

Prunus cerasifera ”Pissardii”
Cerdeira de Pissard, abruñeiro dos xardíns

- Familia: Rosaceae
- Orixe: procede de Persia

Árbore de folla caduca que pode acadar uns 9 metros de altura, codia das ponlas de cor vermella.

As follas son pequenas, alternas, e de marxe dentada, de cor vermella brillantes ó nacer, máis tarde púrpura escura.

As flores, hermafroditas, son precoces e saen antes que as follas, son de cor branca ou rosada, dispóñense en grupiños de 1-4 e teñen 5 sépalos, 5 pétalos, numerosos estames e un ovario súpero con un estilo.

O froito é unha drupa, moi semellante a unha cereixa, é de cor vermella escura e comestible.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro