Populus nigra “Italica” (Chopo negro)

Populus nigra “Italica”
Chopo negro

- Familia: Salicaceae
- Orixe: orixinario de Europa e Asia Occidental
- Curiosidade: as xemas son empregadas con fins mediciñais, pois son altamente desinfectantes e diuréticas, así como eficaces contra catarros e hemorroides

Árbore que medra axiña  acadando os 30 metros de altura, codia escura e fendida nos adultos, sendo tamén moi frecuentes grosos abultamentos, como nós ou tumores, ó longo do tronco.

As follas son caducas, alternas, ás veces moi variables, romboidales ou suborbiculares, lixeiramente velosas as xoves e lampiñas as adultas, de 5 a 10 centímetros, con peciolo longo, algo aplanado e avermellado.

Nas ponlas novas e xemas prodúcense un líquido viscoso e pegamento.

As flores son unisexuais e nacen en amentos, os masculinos son pendurantes, inicialmente de cor gris e logo avermellados, duns 5 centímetros de longo, cada flor ten entre 8 e 20 estames. Os amentos femeninos tamén son pendurantes, pero de cor verde.

Os froitos son cápsilas deshicentes, que se atopan en acios péndulos, con moitas sementes rodeadas de pelos.

 É unha especie dioica, hai pés machos e pés femias.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalia de Castro