Platanus x hispanica (Plátano de paseo, plátano de sombra)

Platanus x hispanica
Plátano de paseo, plátano de sombra

- Familia: Platanaceae
- Orixe: especie cultivada, estendida por toda Europa

Árbore que pode acadar os 30 metros de altura que representa un toro groso con casca.

Arrubiada que se desprende en placas de xeito que no tronco destacan numerosas cicatrices de cor branca-agrisada.

As follas son caducadas, enteiras, palmeado-lobuladas, con 3 a 7 lóbulos máis ou menos.

Profundos,marxe dentado e pecilo longo con vaina ensanchada na base. No outono toman unha cor amarela alaranxada.

Especie monoica, con flores unisexuais que se presentan en inflorescencias esféricas pendurantes apretadas; en grupos de 1 a 3 sobre o mesmo pedúnculo, as femininas son de maior tamaño, avermelladas e despostas no extremo das ponlas, as masculinas son amarelas e nacen sobre a madeira vella, non nos extremos das ponliñas.

Os froitos son secos e forman infrutescencias globosas(poliaquenios) que miden uns 2.5 centimetros de diámetro; no outono toman unha cor parda e mantéñense na árbore todo o inverno.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalia de Castro