Picea abies (Abeto rubio, picea)

Picea abies
Abeto rubio, picea

- Familia: Pinaceae
- Orixe: nativa de Europa central e septentrional

Árbore que pode medir 35 metros de altura, coa codia avermellada que se desprende en placas.

As follas son tetragonais, de 1 a 1.5 centímetros de longo e de cor verde escura. E característico de moitas especies de xénero que ó arrincar unha folla se erga con ela unha costela de ponliña.

As piñas maduras son péndulas, de cor parda avermellada, e de 10 a 18 centímetros de lonxitude.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro